Aeroporto internacional Soekarno-Hatta
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional Soekarno-Hatta (IATA: CGK, OACI: WIII), abreviado como SHIA ou Soetta,[2] é o principal aeroporto que serve a Iabotabek, a área metropolitana de Iacarta na illa indonesia de Xava. Bautizado na honra do primeiro presidente e vicepresidente de Indonesia, Sukarno e Mohammad Hatta, o aeroporto está situado en Benda, Tangerang, a uns 20 quilómetros ao noroeste do centro de Iacarta. Debido á súa proximidade á veciñanza de Cengkareng tamén é coñecido como aeroporto de Cengkareng, procedendo o seu código IATA desta denominación. É o aeroporto máis grande e concorrido do país, ademais de ser o máis concorrido do hemisferio sur. No ano 2016 foi o 22º aeroporto máis concorrido do mundo. Xunto co aeroporto Halim Perdanakusuma, o segundo aeroporto da cidade, servíronse a máis de 70 millóns de pasaxeiros en 2017 na área metropolitana de Iacarta.[3] Segundo a compañía OAG, o aeroporto foi o 7º mellor conectado do mundo e 1º da zona Asia-Pacífico.[4]
Aeroporto internacional Soekarno-Hatta Bandar Udara Internasional Soekarno-Hatta | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Goberno de Indonesia | ||
Operador | PT Angkasa Pura II | ||
Cidade/Illa | Iabotabek | ||
Localización | Tangerang | ||
Elevación (msnm) | 10 metros / 32 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.soekarnohatta-airport.co.id/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
07R/25L | 3 660 | 12 008 | pavimento |
07L/25R | 3 600 | 11 811 | pavimento |
07C/25C | 3 850 | 12 631 | formigón asfáltico |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 63 015 620[1] | ||
O aeroporto comezou a realizar operacións domésticas no ano 1985 substiuíndo ao vello aeroporto de Kemayoran. En 1991 foi ampliado para substituír o aeroporto Halim Perdanakusuma en voos internacionais, sendo este usado como solución temporal ata que Soekarno–Hatta foi completado. Kemayoran foi demolido e Halim Perdanakusuma aínda opera voos chárter, VIP e privados, sendo reaberto como aeroporto comercial secundario para voos domésticos para aliviar a Soekarno–Hatta que está superando a súa capacidade debido ao rápido crecemento das viaxes por aire en Indonesia.
O aeroporto adoita a ter problemas para acomodar todos os voos co seu límite actual de 81 movementos por hora.[5] Aínda que opera por riba da súa capacidade, un estudo realizado entre abril e maio de 2012 por Airport Council International (ACI) afirmou que estaba sendo operado con seguridade.[6] As súas dúas pistas operativas teñen problemas de pavimento e resistencia. Para reducir a conxestión e acadar o obxectivo de operar 100 voos por hora estase a construír unha terceira pista que se agarda comece a operar en 2018. A mellora das dúas pistas actuais está case rematada para poder acomodar con seguridade as operacións de avións de fuselaxe ancha.[7]