Aitinos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os aitinos (Aythynae) son unha subfamilia de aves anseriformes da familia dos anátidos. Comprende unhas 16 especies (algúns deles chamados parrulos mergulladores) que, aínda que morfoloxicamente son próximas aos parrulos convencionais da subfamilia dos anatinos (Livezey, 1986), presentan algunhas marcadas diferenzas, como na estrutura da traquea. Datos de secuencias de ADN mitocondrial do citocromo b e da subunidade 2 da NADH deshidroxenase indican que os patos mergulladores están bastante afastados dos parrulos prototípicos, e que as semellanzas externas se deben a evolución converxente.[1]
Aitinos Aythynae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parrulo chupón (Aythya ferina) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
|
Alternativamente (por exemplo Terres, 1991),[2] cercetas, parrulos e mergulladores dos xéneros Marmaronetta, Netta e Aythya son situados como unha tribo Aythyini nunha subfamilia Anatinae, a cal comprenderían todas as aves semellantes aos parrulos, agás os do xénero Dendrocygna (cisnes arborícolas) que son incluídos xunto cos gansos na subfamilia Anserinae.
Existen outros parrulos que se mergullan mais que non pertencen a esta subfamilia, por exemplo: o pato rabeiro ou parrulo rabudo (Clangula hyemalis), os patos pentumeiros, os mergulladores do xénero Bucephala, os mergos dos xéneros Mergus e Lophodytes e os éideres dos xéneros Somateria e Polysticta, todos pertencentes á subfamilia Merginae.