Alizée
cantante francesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alizée Jacotey, nada en Ajaccio (Córsega) o 21 de agosto de 1984,[1] é unha cantante francesa. O seu nome artístico é Alizée (a forma feminina en francés de alizé para os ventos alisios).[2] Foi descuberta por Mylène Farmer, mentres participaba no programa de talentos Graines de star en 1999.[3] Coa colaboración de Mylène Farmer e Laurent Boutonnat, Alizée lanzou dous álbums, os cales tiveron éxito dentro e fóra de Francia.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Alizée Jacotey 21 de agosto de 1984 (39 anos) Ajaccio, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Altura | 161 cm |
Actividade | |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | artista discográfico , cantante , bailarina |
Período de actividade | 1999 - |
Xénero artístico | Música pop francesa (pt) , pop dance e electropop |
Lingua | Lingua francesa |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | RCA Records Jive Epic Records Universal Music Group Polydor Records Sony Music |
Familia | |
Cónxuxe | Grégoire Lyonnet (2016–) Jérémy Chatelain (2003–2012) |
Premios
| |
Páxina web | alizee-officiel.com |
|
O seu primeiro álbum chamouse Gourmandises (Larpeiradas en galego), que recibiu un disco de platino tres meses despois do seu lanzamento en 2001. De Gourmandises saíu o seu éxito máis famoso, "Moi... Lolita", que acadou o número un nas listas de vendas de Europa e Asia. Alizée interpretaba o papel dunha Lolita. Despois de Gourmandises, en 2003 saíu o seu segundo álbum de estudio titulado Mes courants électriques, que non tivo tanto éxito coma o seu predecesor, aínda que alcanzou un número de vendas tamén considerable. Despois do seu lanzamento, Alizée deu unha xira de 43 concertos en Francia e tamén algúns en Bélxica e Suíza.
Alizée casou co cantante francés Jérémy Chatelain en 2003[4] e tivo un fillo con el en 2005.[5] A principios de 2004 fixo unha pausa na súa carreira musical, que retomou a finais de novembro de 2007 co álbum Psychédélices.[6]
Despois dun grande éxito en Latinoamérica e Asia, e un éxito moderado en Europa con Psychédélices, Alizée deu un cambio radical no seu estilo pasando do pop psicodélico do seu anterior álbum ao mainstream. Vinculouse co selo independente Institubes e uniuse a artistas do xénero como Chateau Marmont, Rob, Tahiti Boy, Adanowsky e outros que colaboraron na súa cuarta produción, Une enfant du siècle, que saíu oficialmente á venda o 29 de marzo de 2010.