Andrea de Adamich
From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrea Lodovico de Adamich[1] nado en Trieste o 3 de outubro de 1941 é un expiloto de carreiras de Italia. Participou en 34 Grandes Premios do Mundial de Fórmula Un, facendo a súa debut o 1 de xaneiro de 1968. Anotou un total de 6 puntos de campionato. Tamén participou en numerosas carreiras de Fórmula Un fóra do Campionato.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1941 (82 anos) Trieste |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , piloto de automobilismo , presentador de televisión , piloto de Fórmula Un |
Lingua | Lingua italiana |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
De Adamich naceu en Trieste, pero a familia era orixinaria de Fiume onde o seu devanceiro Andrea Lodovico de Adamich fora un comerciante rico e poderoso.[2] Andrea de Adamich foi un impecable corredor de autos deportivos e de turismo que mostrouse sólido cando se lle pediu que correse na F1, onde foi un dos poucos pilotos de competición que usaban lentes para correr.
Gañou o Campionato de Europa de Coches de Turismo de 1966 no comezo dunha longa relación con Alfa Romeo e fixo a súa debut nun Gran Premio na carreira suráfricana onde o seu Ferrari trompeou nunha mancha de aceite. Máis adiante nesa mesma tempada gañou un torneo suramericano de F2 co Ferrari pero non foi renovado polo xigante italiano e volveu a Alfa Romeo cando volveron á F1 subministrando motores a un terceiro McLaren oficial. De Adamich só terminou unha vez en 1970 no McLaren-Alfa e non tivo máis sorte ao ano seguinte cando Alfa pasou a subministrar motores a March.
En 1972 De Adamich uniuse ao equipo Surtees e terminou nun bo 4º posto no GP de España no Jarama. En 1973 repetiu posto no GP belga en Zolder nun Brabham pero non puido terminar a tempada debido ás feridas sufridas nunha montoneira no Gran Premio do Reino Unido de 1973
De Adamich retirouse ao ano seguinte e converteuse nun respectado xornalista deportivo de televisión na súa Italia natal. Entre 1978 e 2012 dirixiu o programa de televisión "Grand Prix" en Italia.
Posteriormente foi o vicepresidente de N.Technology, que prepara os coches de carreira para Alfa Romeo.