Anegada
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Anegada é a máis setentrional das illas Virxes Británicas (IVB), sendo unha das maiores illas deste territorio. Atópase aproximadamente a 24 km ao norte de Virgin Gorda. Anegada é a única illa Virxe Británica habitada formada a partir de coral e rocha calcaria,[2] o que lle dá un carácter patelo, fronte ás outras próximas que son de orixe volcánica. Mentres as outras illas son montañosas, Anegada é plana e baixa. O seu punto máis alto só está aproximadamente a 8´5 metros sobre o nivel do mar, o que lle dá o seu nome, que é o termo castelán para "terra anegada".[3]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Anegada | |
---|---|
Vista aérea | |
localización da illa | |
Situación | |
País | Reino Unido |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 18°44′N 64°20′O |
Xeografía | |
Superficie | 39´32 km² |
Punto máis alto | 8´5 m. |
Demografía | |
Capital | The Settlement |
Poboación | 285 hab. (2010)[1] |
Densidade | 7´2 hab./km² |
Con aproximadamente 38 quilómetros cadrados, Anegada é a segunda máis grande das Illas Virxes Británicas, pero tamén é a máis escasamente poboada das illas principais, cunha poboación de 285 habitantes no censo de 2010.[4] A maioría da poboación en Anegada vive na única aldea, The Settlement.