Bill Hicks
From Wikipedia, the free encyclopedia
William Melvin Hicks (16 de decembro de 1961 - 26 de febreiro de 1994) foi un cómico, monologuista, crítico social e músico estadounidense. O seu material, que abarca unha ampla gama de temas sociais como a relixión, a política e a filosofía, foi controvertido e a miúdo cargado de comedia escura.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) William Melvin Hicks 16 de decembro de 1961 Valdosta, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 26 de febreiro de 1994 (32 anos) Little Rock, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de páncreas |
Datos persoais | |
Residencia | Houston Nova York |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade de Houston Stratford High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | monologuista |
Período de actividade | 1978 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Rykodisc Records |
Páxina web | billhicks.com |
|
Aos 16 anos, mentres aínda estaba no instituto, Hicks comezou a actuar no Comedy Workshop en Houston, Texas. Durante os anos 80 xirou extensamente polos Estados Unidos e realizou varias aparicións de alto perfil na televisión, aínda que foi no Reino Unido onde amasou unha significativa base de seguidores, enchendo grandes locais durante a súa xira de 1991.[1] Hicks tamén acadou algún recoñecemento como guitarrista e compositor.
Hicks morreu de cáncro de páncreas aos 32 anos de idade. Nos anos posteriores á súa morte o seu traballo gañou unha significativa aclamación en círculos creativos (particularmente tras unha serie de edicións de álbums póstumos) e desenvolveu un considerable seguimento de culto. En 2007 foi posto no número 6 da lista dos "100 mellores monologuistas" da canle británica Channel 4,[2] e chegou ao número 4 na actualización da lista en 2010.[3] En 2017 a revista Rolling Stone púxoo no número 13 na súa lista dos "50 mellores monologuistas de todos os tempos".[4]