Cabanas musgum de lama
From Wikipedia, the free encyclopedia
As cabanas musgum de lama son estruturas domésticas tradicionais do pobo musgum, que habita na subdivisión Maga, na división Mayo-Danay, na rexión de Extremo Norte no Camerún.[1] As vivendas constrúense nunha gran variedade de formas, tales como viviendas altas ou cónicas abovedadas, algunhas con forma de V invertido e outras con deseños xeométricos.
Estas cabanas musgum son un exemplo de "construcións de terra". Cun deseño sinxelo, están feitas de lama, palla e auga empregando poucas ferramentas. Cunha forma semellante á das colmeas ou cunchas, son coñecidas popularmente como "cases obus" (en francés).[2]