Cargados Carallos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O banco de Cargados Carallos[1] (tamén coñecidas coma Cargados Carajos e as Rochas San Brandón, Saint Brandon Shoals) son un grupo de entre 16 e 20 pequenas illas e illotes nun arrecife situadas no océano Índico, o nordeste das Illas Mauricio. O seu nome é debido ao navegante galego Joan de Novoa, que tería nomeado o arquipélago e as illas de Agalega[2]. Os Cargados Carallos teñen unha área total de terra de 1,3 km². O arrecife mide máis de 50 quilómetros de norte a sur e 5 quilómetros de ancho, cortado por tres pasos; en total a área do arrecife abarca 190 km². As illas teñen unha pequena poboación, conformada maioritariamente por nativos e posúe unha rica fauna e flora. O arrecife de Cargados Carallos dependen administrativamente das Illas Mauricio aínda que están situadas a máis de 300 km o extremo sur, polo tanto están administradas dende a súa capital Port Louis. As illas son parte das illas Mascareñas.
Nome | |
---|---|
Foto satélite do atol. | |
Datos | |
País | Mauricio |
Arquipélago | Mascareñas |
Mar | Océano Índico |
Illa principal | Île Raphael (pob. 40) |
Capital | Verrogne |
Linguas | Francés, inglés[Note 1] |
Poboación (2000) | 63 hab. (transeuntes) |
Densidade | 48 hab/km² |
Superficie | 3´2 km² |
Nº de illas | 22 |
Coordenadas | 16°35′S 59°37′L |
Maior Altura | 6 metros |
Capital | Port Louis |
Localización | |
Mapa deseñado pola CIA. | |