Carla Del Ponte
From Wikipedia, the free encyclopedia
Carla Del Ponte, nada en Lugano (Suíza) o 9 de febreiro de 1947, é unha xurista suíza actualmenta xa xubilada. Despois de ser fiscal do cantón de Ticino, e máis tarde fiscal xeral da Confederación Helvética, foi nomeada, en agosto de 1999, fiscal xefa do Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (TPII) e do Tribunal Penal Internacional para Ruanda (ICTR), en substitución de Louise Arbour. En 2003, o Consello de Seguridade das Nacións Unidas substituíuna como fiscal do TPIR por Hassan Bubacar Jallow nun esforzo, segundo se declarou, para axilizar os procedementos nese Tribunal. Seguiu, porén, sendo fiscal do TPII até o 1 de xaneiro de 2008, ano en que foi sucedida por Serge Brammertz, e nomeada Embaixadora de Suíza na Arxentina e Paraguai, con sede en Buenos Aires, cargo no que cesou en 2011.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1947 (77 anos) Lugano, Suíza |
Ambassador of Switzerland to Argentina (en) | |
1 de xaneiro de 2008 – febreiro de 2011 | |
Fiscal | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suíza |
Educación | Universidade de Berna Universidade de Xenebra |
Actividade | |
Ocupación | xurista , política , xuíza , avogada , embaixador |
Empregador | ONU |
Lingua | Lingua italiana |
Premios | |
Fala con fluidez os italiano, francés alemán, inglés e español.
Dúas veces casada e divorciada, ten un fillo.