Castelo de Pambre
construción fortificada en Pambre, Palas de Rei / From Wikipedia, the free encyclopedia
O castelo de Pambre é unha fortaleza medieval galega que se alza a 44 m de altitude nun penedo á beira do río Pambre, situada na parroquia de Pambre (Palas de Rei, Lugo).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
Castelo de Pambre | |
---|---|
ben de interese cultural, elemento da Lista Vermella do Patrimonio e parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |
Concello | Palas de Rei |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 42°51′35″N 7°56′54″O |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | gótico (s.XIV, c.1375[1]) |
Estilo actual | gótico (s.XIV) |
Estado actual | visitable |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé tras a revolta irmandiña. Atópase en bo estado de conservación. A capela románica contida nas súas murallas é anterior á súa construción e foi durante séculos igrexa parroquial de Pambre baixo a advocación de San Pedro, patrón da parroquia de Pambre.
Hoxe coñecido como "Castelo de Pambre", tal denominación popularízase en Galicia, máis que debido á súa cualidade de tal, a partir da publicación no ano 1895 da novela O Castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro. Con anterioridade era coñecido como Fortaleza ou Torre de Pambre, e así aparece citada na cartografía e outra documentación dos séculos anteriores. Esta denominación aínda é habitual entre as xentes da Ulloa.