Cernella
prominencia na porción anterior do espiñazo dos cuadrúpedes / From Wikipedia, the free encyclopedia
A cernella[1] (do latín cernicula), é a rexión prominente nos grandes cuadrúpedes onde se unen as espádoas en forma de cruz.
Nos equinos de exposición, considérase unha importante característica ter a cernella alta e pouco carnosa.
A altura dalgúns animais cuadrúpedes é medida a partir deste punto, ou sexa, medindo a distancia da base da pata até a extremidade da cernella. Non se considera a altura da cabeza do animal.