Charles Barkley
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Charles Wade Barkley, nado o 20 de febreiro de 1963 en Leeds, un barrio das afóras de Birmingham (Alabama), é un ex xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante dezaseis tempadas como profesional na NBA, nas décadas dos anos 1980 e 1990. Está considerado un dos mellores aleiros altos na historia da liga. Chamábanlle "O Gordo" polo seu sobrepeso, mais a pesar da súa escasa estatura para loitar cos pivotes, chegou a ser máximo reboteador da NBA na tempada 1986-87 xogando en Philadelphia 76ers cunha media de 14,6 rebotes por partido.
Charles Barkley | |
---|---|
Posición | Ala-pivote |
Dorsal | 34, 32, 4 |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 114 kg (252 lb) |
Nacemento | 20 de febreiro de 1963 (61 anos) Leeds, Alabama |
Carreira | |
Universidade | Auburn |
NBA Draft | 1984 / Rolda: 1 / Elección: 5 Por Philadelphia 76ers |
Tempadas | 1984–2000 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 23 757 |
Rebotes | 12 546 |
Asistencias | 4 215 |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador | |
Foi seleccionado no mellor quinteto da liga en tres ocasións, no segundo en cinco e no terceiro nunha. En 1993 foi elixido MVP da tempada e tres anos despois entre os "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA". En 1992 e 1996 disputou os Xogos Olímpicos, gañando a medalla de ouro en ambos os anos. A partir de 2006 forma parte do prestixioso Basketball Hall of Fame. Dende que se retirou do baloncesto, Barkley iniciou unha exitosa carreira como analista da TNT nos partidos da NBA. Ademais, Barkley ten escrito unha gran cantidade e libro e ten amosado o seu interese na política, mesmo anunciando que se presentará como candidato a Gobernador de Alabama, o seu Estado natal, en 2014.[1]