Chlamydomonas
xénero de algas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Chlamydomonas é un xénero de algas verdes formado por especies unicelulares flaxeladas, que viven en augas doces encoradas ou non, no solo húmido, e unhas poucas especies son de augas mariñas, e mesmo algunha vive na neve ("algas da neve"). Entre elas está a especie Chlamydomonas reinhardtii, que é a especie tipo do xénero, e utilízase como organismo modelo en bioloxía, en estudos de bioloxía molecular, e especialmente estudos da motilidade flaxelar e dinámica dos cloroplastos, bioxénese e xenética. Unha das características de Chlamydomonas é que contén unhas canles iónicas, (canalrodopsinas), que son activados directamente pola luz. Algúns sistemas reguladores (por exemplo FLU) de Chlamydomonas son máis complexos que os seus homólogos de Ximnospermas, e presentan proteínas regulatorias que son máis grandes e conteñen dominios adicionais ca as doutras relacionadas evolutivamente.[1]
- Para a especie principal do xénero ver Chlamydomonas reinhardtii.
Chlamydomonas | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Micrografía electrónica de varrido dunha célula de Chlamydomonas (10000×) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Ver texto |