Clasificación Internacional de Doenzas
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Clasificación Internacional e Estatística de Doenzas e Problemas Relacionados coa Saúde (en inglés: International Statistical Classification of Diseases and Related Health Problems), é a codificación de doenzas, trastornos, traumatismos e o conxunto dos motivos de recurso aos servizos de saúde. É publicada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e emprégase en todo o mundo para clasificar as causas de morbilidade e de mortalidade, con finalidades diversas, como as de política sanitaria (financiamento e organización dos servizos de saúde), epidemioloxía ou aplicación clínica.[1]
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Clasificación Internacional de Doenzas (CID) | |
---|---|
Título orixinal | Clasificación Internacional e Estatística de Doenzas e Problemas Relacionados coa Saúde International Statistical Classification of Diseases and Related Health Problems |
Autor/a | Organización Mundial da Saúde |
Data de pub. | 1992 (CID-10) |
Editor | Organización Mundial da Saúde |
[ editar datos en Wikidata ] |
Coñécese tamén pola súa denominación reducida, Clasificación Internacional de Doenzas, e polas súas iniciais CID (ICD, en inglés, e CIE, común na tradición hispana e tamén aplicable ao galego, a partir de "Clasificación Internacional de Enfermidades", CIE).[2]