Club dos 27
From Wikipedia, the free encyclopedia
O club dos 27 é un termo que fai referencia á crenza de que un número estrañamente elevado de músicos populares e outros artistas morreron ós 27 anos[1], moitas veces como resultado do abuso das drogas e do alcol ou por medios violentos, como o homicidio ou o suicidio[2].
Club dos 27 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin e Jim Morrison, morreron todos entre 1969 e 1971 á idade de 27 anos, o que naquela época suscitou algúns comentarios. Pero foi trala morte de Kurt Cobain en 1994 cando comezou a incorporarse na percepción pública a idea dun "club dos 27". |
Non obstante, os estudos estatísticos desvelan que as mortes non seguen un padrón inhabitual[3][4][5].
O club dos 27 foi repetidamente citado en revistas de música, revistas en xeral e xornais. Fixéronse varias exposicións dedicadas á idea, así como novelas, películas e obras de teatro[6][7][8][9][10]. Houbo moitas teorías e especulacións diferentes sobre as causas de tales mortes precoces e as súas posibles conexións. O biógrafo de Kurt Cobain e Jimi Hendrix, Charles R. Cross, escribe: "O número de músicos que morreron ós 27 anos é realmente notable para calquera padrón considerado. [Inda que] os humanos morran regularmente a tódalas idades, hai un pico estatístico para os músicos que morren ós 27"[11].