Deutsche Grammophon
From Wikipedia, the free encyclopedia
Deutsche Grammophon Records é un selo discográfico alemán especializado en música clásica, pertencente (2022) á empresa Universal Music Group, unha división do grupo francés Vivendi Universal. Foi fundada co nome de Deutsche Grammophon Gesellschaft o 6 de decembro de 1898 polo cidadán estadounidense de orixe alemán Emile Berliner como a filial alemá local da súa Berliner Gramophone Company, converténdoa na compañía discográfica máis antiga do mundo que aínda está en funcionamento.[1]
Datos rápidos Fundador, Distribuidoras ...
Deutsche Grammophon | |
---|---|
Fundador | Emile Berliner |
Distribuidoras | Deutsche Grammophon Records (nos Estados Unidos e o Reino Unido) |
http://www.deutschegrammophon.com | |
Pechar
Deutsche Grammophon sempre foi moi coñecido polos seus altos estándares de alta fidelidade.
Entre os intérpretes que gravaron coa compañía están Herbert von Karajan, Daniel Barenboim, Leonard Bernstein ou Maria João Pires.