Diadumeno
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Diadumeno é unha estatua deseñada por Policleto no século V a. C. A estatua orixinal foi realizada en metal, seguramente en bronce, mais na actualidade só se conservan copias de pedra calcaria e mármore.
Datos rápidos Artista, Data ...
Diadumeno | |
---|---|
Artista | Policleto |
Data | c. 420 a.C. |
Técnica | Escultura de mármore |
Dimensións | 195 cm cm × cm |
Localización | Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas (Atenas) |
Pechar
Representa a un atleta grego cinguindo na súa cabeza a cinta da vitoria, de onde vén o nome διαδούμενος/ diadoumenos, «o que cingue e descingue», que deriva do termo grego διαδέω/ diadeo, «cinguidor ou ben cinguido». Aínda está espido despois da competición e eleva os brazos para atarse o diadema, unha banda en forma de cinta que identifica ao gañador e que na obra orixinal de ao redor do ano 420 a. C. estaría representada por unha cinta labrada.[1]