Diego Vallejo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Diego Vallejo Folgueira, nado en Meira o 13 de febreiro de 1973, é un copiloto de rallys galego. O seu principal piloto é o seu irmán Sergio Vallejo co que correu durante practicamente toda a súa carreira e co que foi campión de España de Rallys en 2009. Participou toda a súa carreira no Campionato de España de Rallys, ademais de realizar algunhas probas no Campionato do Mundo de Rallys, onde se estreou no Rally Cataluña-Costa Brava de 1993. Tamén correu esporadicamente nalgunhas probas do Campionato de España de Rallys de Terra e no Campionato Galego de Rallys.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Diego Vallejo en 2011. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1973 Meira |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Galega |
Actividade | |
Ocupación | Copiloto de rallys |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Sergio Vallejo Folgueira |
Parentes | Paulino Francisco Novo Folgueira (curmán entregue) |
Páxina web | vallejoracing.wordpress.com |
Participou co español Daniel Sordo, no Campionato do Mundo de Rallys, durante a tempada 2010 co equipo Citroën, completando as últimas cinco probas do calendario, obtendo como mellores resultados dous segundos postos.
No 2011 Diego cambiou de plans e decide copilotar no mundial ó andorrano Albert Llovera, co que xa participara nalgunha proba, ademais de volver correr co seu irmán Sergio no Campionato de España[1] cun Lotus Esixe.