escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Dionisio Gamallo Fierros, nado en Ribadeo o 25 de agosto de 1914 e finado en Madrid o 16 de xaneiro de 2000, foi un escritor polígrafo galego en lingua castelá, neto do pintor Dionisio Fierros.
Retrato en Vida Gallega, 1934. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de agosto de 1914 Ribadeo, España |
Morte | 16 de xaneiro de 2000 (85 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Valladolid Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Polígrafo |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Premios
| |
Estudou primeiro en Ribadeo e logo en Lugo, para pasar despois a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1936. No 1938 era Delegado local de Propaganda de FET y de las JONS en Ribadeo.[1] Posteriormente rematou Filosofía e Letras[2] en 1941 na Universidade de Valladolid. No medio, xa no 1939, foi profesor axudante de literatura no Instituto de Lugo.[3]
Colaborou despois en Ya, Arriba, Informaciones, El Español e La Estafeta Literaria, entre outras publicacións.[4]
A partir de 1945 foi profesor axudante de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Literatura Española nos Institutos Ramiro de Maeztu e Lope de Vega en Madrid, impulsor, profesor e primeiro director do Instituto Laboral en Ribadeo e profesor na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid.
Entre 1953 e 1955 traballou como asesor do Servizo de Información Bibliográfica da Biblioteca Nacional. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.[5] Ademais, foi vocal da directiva do Centro Galego de Madrid e secretario da Comisión de Cultura. Foi membro do Instituto de Estudios Asturianos e membro correspondente da Real Academia Española.[6]
Entre 1955 e 1960 exerce como director do novo Instituto de Ribadeo.[7]
Mantivo relación directa ou por correspondencia con diversas personalidades do mundo cultural en España e en Galicia, como con Ramón Otero Pedrayo, con quen mantivo relación dende os anos 30 ata a morte deste.[2]
A bibliografía de Dionisio Gamallo é moi variada, contando varios libros e máis de 2 500 artigos.[8] Destaca Albor (1942), caderno de poesía con 14 poemas (do seu libro inédito La voz derrotada). No 1943, dúas monografías aínda inéditas: Una estirpe de escritores colombianos: los Caro e La aportación de Lugo y su provincia a la literatura galaico-castellana. No 1948, publicou o folleto "Bécquer y Sevilla y páginas abandonadas" (prólogo de Dámaso Alonso). Tamén publicou ensaios e artigos, como Vida y obra de Ramiro de Maeztu (1953), Menéndez Pidal en el año 1898 (1968), ¿Luz sobre la Negra Sombra? (1975), Primera etapa de la vida y obra de Pérez de Ayala (de los comienzos hasta 1905) (1981), ou La Regenta, a través de cartas inéditas de la Pardo Bazán a "Clarín" (1984).
Dionisio Gamallo foi recoñecido con diversos premios. Entre eles:
Ademais, foi distinguido coa condecoración da Orde de Rubén Darío en Nicaragua (1967), nomeado "Lucense do ano" en 1987 e medalla Castelao en 1998.
Dende pouco despois da súa morte e ata a súa fusión co outro IES de Ribadeo, o Instituto que dirixiu levou o seu nome. Con posterioridade á fusión, o novo centro pasou a chamarse IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.