![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/15/DonegalTown.jpg/640px-DonegalTown.jpg&w=640&q=50)
Donegal
vila do condado de Donegal, en Irlanda / From Wikipedia, the free encyclopedia
Donegal (en irlandés: Dún na nGall) é unha cidade do condado homónimo da República de Irlanda, o condado de Donegal. Foi a capital do antigo reino de Tyrconnell (a terra de Conall), un territorio máis extenso que o actual condado, gobernado polo clan dos O'Donnell. Perdeu esta condición no século XVI, trala invasión inglesa que rematou co poder dos O´Donnell e estabeleceu á cidade de Lifford como "County Town".
Datos rápidos Localización, Capital de ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Irlanda | |||
Provincias | Ulster | |||
Condados | Condado de Donegal ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 2.618 (2016) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 2,65 km² ![]() | |||
Altitude | 32 m ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 74 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | donegaltown.ie ![]() |
Pechar
É a cuarta cidade máis poboada do condado, tras Letterkenny (19,588 habitantes), Buncrana (7,199), e Ballybofey (4,852).
A orixe e significado do seu nome é a expresión gaélica Dún na nGall, que significa "o forte dos estranxeiros".[1] Estes estranxeiros deberon ser viquingos daneses que chegaron a esta terra antes do século XII.[2]