Drag queen
home artista que se viste e xoga un papel feminino como espectáculo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha drag queen é unha persoa, normalmente home, que utiliza roupa e maquillaxe para imitar ou esaxerar os símbolos da feminidade e os roles de xénero con fins de entretemento. Historicamente, a maioría das drag queens foron homes vestidos de mulleres. Na actualidade, as drags queens asócianse con homes gais e coa cultura gai, aínda que poden ter calquera identidade de xénero e de sexo.
As persoas que fan drag, fano por motivos que van dende o desexo de expresarse[1][2] ata o de facer espectáculos para público. Os espectáculos de drag adoitan incluír cancións con sincronía labial ou ao vivo, e tamén baile.[3] Normalmente teñen lugar en eventos como marchas do orgullo, concursos de beleza drag e lugares como cabarés e discotecas. As drag queens varían segundo o seu tipo, cultura e dedicación, que van dende profesionais ata persoas que o fan de xeito ocasional.[4]