From Wikipedia, the free encyclopedia
A era cuaternaria ou Cuaternario é unha era xeolóxica que se estende dende o final do Noexeno, é dicir, hai 2,588 ± 0,005 millóns de anos ata os nosos días (a IUGS cambiou recentemente o anterior límite de 1,64 millóns de anos).[1] Coñécese esta era tamén como antropozoica (iniciada hai 1 millón de anos) por ser nela cando apareceron os homínidos. O Cuaternario divídese en dous períodos, Plistoceno e Holoceno. Actualmente négaselle a cualificación de era xeolóxica, preferindo referirse ao cuaternario como un sistema xeolóxico (xunto co Terciario), dentro da era cenozoica.
Climaticamente caracterízase polo enfriamento xeral da Terra, durante as glaciacións que son o fenómeno climático máis importante deste longo período e nas que o norte de Eurasia e América estaban cubertas cunha gran capa de xeo. Considérase que se produciron catro principais, cos seus consecuentes interperíodos.
< | Eón Fanerozoico | | ||
---|---|---|
| ||
Estas glaciacións foron denominadas (seguindo a escola clásica que toma como referencia Europa central) co nome dos afluentes do río Danubio onde se determinaron as primeiras observacións: Glaciación de Günz, glaciación de Mindel, glaciación de Riss e glaciación de Würm.
Os depósitos continentais e costeiros xunto cos fondos mariños permítennos un coñecemento dos fenómenos que ocorreron, como o desenvolvemento das formacións morénicas, fluvioglaciais, lacustres e eólicas (loess) ou a formación dos últimos relevos alpinos.
Respecto da flora, os fósiles que quedaron ofrécennos unha curiosa similitude coa actual. Máis cambios aconteceron na fauna, onde se aprecia a desaparición dalgunhas especies como os proboscídeos, o oso das cavernas ou o megalocero. Pero a grande innovación na vida animal que se produce no Cuaternario é o desenvolvemento do xénero Homo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.