Esturión
From Wikipedia, the free encyclopedia
O esturión,[1][2] Acipenser sturio Linnaeus, 1758, tamén coñecido como sollo,[3][4] ou sollo rei,[3][5][6][7] é unha especie de peixe condrósteo da orde dos acipenseriformes e familia dos acipenséridos, quizais a especie máis representativa do xénero Acipenser, é dicir, o esturión propiamente dito.[8]
Esturión Acipenser sturio | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Crítico | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Acipenser sturio Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Trátase dun peixe de gran tamaño: describíronse exemplares de até 5 e 6 m de lonxitude, con pesos de até 1 000 kg, e que podían alcanzar os 100 anos de idade.[9] Porén, hoxe en día os individuos de máis de 2 a 3 m raramente son capturados.[9]
Pasa a maior parte da súa vida no mar, habitualmente en augas costeiras pouco profundas, onde se alimenta de peixes e outros animais bentónicos, como crustáceos, moluscos e vermes, que desenterra co seu fociño.[9]