Excalibur
From Wikipedia, the free encyclopedia
Excalibur é o nome máis aceptado da espada lendaria do rei Artur, á que se atribuíron diferentes propiedades extraordinarias ao longo das numerosas versións do mito e as historias subseguintes. Orixinalmente recibiu outros nomes: Caliburn[1], nos escritos de Geoffrey de Monmouth; e Caledfwlch[2], en antigas narracións galesas como Culhwch ac Olwen,[3] Esta última é unha palabra que deriva do gaélico antigo "caladbolg"[4], que significaría "espada escintilante".
A partir das narracións de ficción baseadas no mítico personaxe do rei Artur, a espada Excalibur ten diversas historias asociadas.