Exerceu como mestra dende os dezanove anos, xubilouse no 2010 como profesora de ensino secundario, despois de estar 25 anos en Moraña e 10 en Marín[3]. Foi no ensino onde comezou a crear e dirixir pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas en Edicións Xerais.
Unha das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, onde gañou concursos diversos premios co seu alumnado. Outra inquietude é a gastronomía, e así publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia.
A súa narrativa distínguese pola súa agudeza na observación e recreación do mundo dos adolescentes, polo realismo dos seus personaxes e situacións e por un ritmo capaz de converter calquera asunto cotián nun relato de suspense.[4]
Colabora na prensa, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas... sobre literatura, gastronomía, entre outros temas.
En 2023 é 'A Escritora na súa Terra' da AELG[7] co descubrimento do monólito conmemorativo e a plantación da árbore da autora, un acivro nas inmediacións do río Lérez na Ponte da Palabra e o acto de entrega da "Letra E", no Teatro Principal de Pontevedra.[8] O eloxio foi obra de Montse Penas.[9]
En abril de 2024 a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix) elaborou para o Concello de Pontevedra unha exposición sobre a autora, candidata ao premio Memorial Astrid Lindgren 2024 e ao premio Hans Christian Andersen 2024, coñecido este último como o "Nobel da Literatura Infantil". [10]
Literatura infanto-xuvenil
Mutacións xenéticas (1991). Vía Láctea, novela xuvenil. Foi traducida ao catalán.[11] Reeditada en Xerais (2008), 12ª ed., ISBN 978-84-9782-906-9.
Recursos teatrais para a expresión dramática na escola. 7 pezas para representar (1996).Xerais, teatro infantil. 72 páxs. ISBN 9788483020203.
O estanque dos parrulos pobres (1996). Edebé-Rodeira, narrativa infantil. 168 páxs. ISBN 9788483490983. Foi traducida ao castelán,[22] ao catalán[23] e ao éuscaro.[24]
¡Puag, que noxo! (1997). Galaxia, narrativa infantil, Árbore. Ilustracións de Xan López Domínguez. 26 páxs. ISBN 978-84-8288-862-0. Foi traducida ao castelán,[32] ao catalán,[33] ao éuscaro[34] e ao asturiano.[35]
Ás de mosca para Anxo (1998). Xerais, narrativa infantil, Sopa de Libros. Ilustracións de Manolo Uhía. 144 páxs. ISBN 978-84-8302-863-6 (13 ed.). Foi traducida ao castelán,[36] ao éuscaro[37] e ao catalán.[38]
Cuca e o abrigo marrón (1998). Rodeira, narrativa xuvenil. Ilustracións de Patricia C. 32 páxs. ISBN 9788483493700. Foi traducida ao castelán.[39]
Nolo e os ladróns de leña (1998). S. M., narrativa infantil. Ilustracións de Teresa Novoa. 64 páxs. ISBN 9788434861633 Foi traducida ao castelán.[40]
Unha raíña negra (1998). Ed. Edebé, narrativa infantil. 126 páxs. ISBN 9788496352636 (Rodeira, 5ª ed.). Foi traducida ao castelán.[41]
Bicos de prata (1999). Ir Indo, narrativa infantil. Ilustracións de Manolo Uhía. 40 páxs. ISBN 9788476803172.
O misterio do cemiterio vello (1999). S. M., narrativa xuvenil. 128 páxs. ISBN 9788434863521. Foi traducida ao castelán.[43]
Pimpín e dona Gata (1999). S. M., narrativa infantil. Ilustracións de Manuel Uhía. 64 páxs. ISBN 9788434864207. Foi traducida ao castelán.[44]
Unha pantasma branca (2000) Everest, narrativa infantil. Foi traducida ao castelán.[45] Editada en Baía (2019), ilustracións de Cristal Reza, 108 páxs. ISBN 9788499953106.
A máscara de palma (2000). Galaxia, narrativa xuvenil, Costa Oeste. 232 páxs. ISBN 978-84-8288-391-5.
Cando a Terra esqueceu xirar (2002). S. M., narrativa infantil. Ilustracións de Miguel Pang Ly. 80 páxs. ISBN 9788498547382. Foi traducida ao castelán.[46]
O avó é sabio (2002). Combel Editorial, narrativa infantil. Ilustracións de Xan López Domínguez. 22 páxs. ISBN 9788478646685. Foi traducida ao castelán[47] e ao catalán.[48]
O avó sae de paseo (2002). Combel Editorial, narrativa infantil. Ilustracións de Xan López Domínguez. 22 páxs. ISBN 9788478646678. Foi traducida ao castelán[49] e ao catalán.[50]
A avoa ten unha menciña (2002). Combel Editorial, narrativa infantil. Ilustracións de Xan López Domínguez. 24 páxs. ISBN 9788478646654. Foi traducida ao castelán,[51] ao catalán[52] e ao portugués.[53]
A avoa non quere comer (2002). Combel Editorial, narrativa infantil. Ilustracións de Xan López Domínguez. 22 páxs. ISBN 9788478646661. Foi traducida ao castelán[54] e ao catalán.[55]
Derradeira carta ós Reis Magos (2002). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Hoa-binh Melgar González. 48 páxs. ISBN 9788483028933. Foi traducida ao castelán.[56]
¡Un can no piso! ¿E que? (2003). Galaxia, narrativa infantil. Ilustracións de Kristina Sabaite. 36 páxs. ISBN 978-84-9865-274-1. (2010) . Foi traducida ao castelán,[57] ao catalán,[58] ao éuscaro,[59] ao aragonés[60] e ao asturiano.[61]
Desventuras dun lobo namorado (2003). Galaxia, narrativa infantil, Árbore. 60 páxs. ISBN 978-84-9865-037-2. Foi traducida ao castelán.[62]
Lúas de nácara (2003). Xerais, narrativa xuvenil, Fóra de Xogo. 136 páxs. ISBN 978-84-8302-963-3.
Eu son eu (2004). Xerais, narrativa infantil. 24 páxs. ISBN 9788497821414. Foi traducida ao castelán,[63] ao catalán[64] e ao éuscaro.[65] Debuxos de Josep Vicó. Tradución de Ignacio Chao.
Un misterio na mochila de Alba (2005). Planeta-Oxford, narrativa infantil. 68 páxs. ISBN 9788498110098. No 2011 publícase unha edición ampliada. Foi traducida ao castelán.[66]
O meu avó é unha gata (2005). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Marina Seoane. 24 páxs. ISBN 978-84-9782-285-5. Foi traducido ao castelán,[67] ao catalán[68] e ao éuscaro.[69]
¿Quen me quere adoptar? (2005) Xerais, narrativa infantil). Ilustracións de Mª Fe Quesada. 64 páxs. ISBN 978-84-9782-359-3 (8ª ed.). Foi traducida ao castelán.[70]
Isha, nacida do corazón (2006). Edebé-Rodeira, narrativa infantil. 152 páxs. ISBN 9788496352704. Foi traducida ao castelán[71] e ao catalán.[72]
¡¡¡Lume!!! (2006). Edebé-Rodeira, narrativa infantil. Ilustracións de Manuel Uhía. 32 páxs. ISBN 9788483491058. Foi traducida ao castelán[73] e ao catalán.[74]
Apertas de vainilla (2007). Galaxia, narrativa infantil. Ilustracións de Manolo Uhía. 32 páxs. ISBN 978-84-9865-011-2. Foi traducida ao castelán.[75]
Gordiño, recheo (2007, S. M., narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[76]
A lagoa das nenas mudas (2007). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Patricia Castelao. 128 páxs. ISBN 978-84-9782-521-4 (9ª ed.). Foi traducida ao castelán,[77] ao catalán[78] e ao éuscaro.[79]
Ola, estúpido monstro peludo! (2007). Galaxia, narrativa infantil, Árbore. 112 páxs. ISBN 978-84-9865-038-9. Foi traducida ao castelán[83] e ao catalán.[84]
Un día de caca e vaca (2007). Baía Edicións, narrativa infantil. Ilustracións de Marina Seoane. 32 páxs. ISBN 978-84-96526-55-6. Foi traducida ao castelán,[89] ao catalán[90][91] e ao éuscaro.[92]
Xela volveuse vampira (2007). Baía Edicións, narrativa infantil. Ilustracións de Noemí López. 56 páxs. ISBN 978-84-9995-029-7 (2010). Foi traducida ao castelán.[93] Inclúe DVD.
A pequena Gardiana (2008). Museo Belas Artes da Coruña, narrativa infantil. Ilustracións de Xosé Cobas. 27 páxs. ISBN 978-84-612-1682-6.
Fiz, o coleccionista de medos (2009). Oqo, narrativa infantil. Ilustracións de Teresa Lima. 40 páxs. ISBN 9788498712063. Foi traducida ao castelán,[94] ao éuscaro,[95] ao portugués,[96] ao inglés,[97] ao francés[98] e ao italiano.[99]
Papá é meu! (2009). Galaxia, narrativa infantil. Ilustracións de Irene Fra. 24 páxs. ISBN 978-84-9865-173-7.
O misterio da casa do Pombal (2009). S.M., narrativa infantil. 79 páxs. ISBN 9788498541427. Foi traducida ao castelán.[100]
Pesadelo no tren Chocolate (2009). Galaxia, narrativa infantil, Árbore. 112 páxs. ISBN 978-84-9865-235-2. Foi traducida ao castelán.[101] e ao catalán.[102]
1 pulga, 5 amigos e 1 tándem (2009). Concello de Pontevedra. Ilustracións de Manolo Uhía. Narrativa infantil.
Un saco de estrelas (2010). Xerais, narrativa infantil, Merlín. Ilustracións de Enjamio. 56 páxs. ISBN 978-84-9914-107-7.
O misterio do Faro Vello (2012). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Manuel Uhía. 136 páxs. ISBN 978-84-9914-369-9 (7ª ed.).
O neno can (2012). Galaxia, xuvenil. 64 páxs. ISBN 978-84-9865-431-8. En colaboración con Francisco Castro. Foi traducido ao castelán.[103] Lista de Honor da revista CLIJ 2014. 2013: Lista do Centro IBBY de Documentación para nenos con dificultades especiais.
Historia da bicicleta dun home lagarto (2014). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Laura Súa Campo. 168 páxs. ISBN 978-84-9914-754-3 (3ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-878-6. Foi traducida ao castelán[104] e ao catalán.[105]
O segredo de Zoe (2016). Tambre, narrativa infantil. Ilustracións de Marina Seoane. 40 páxs. ISBN 9788490461457.
A furgoneta branca (2019). Xerais, narrativa infantil. 32 páxs. Ilustracións de Lucía Cobo. ISBN 978-84-9121-465-6.
Lingua guapa. Cantos que contan… (2020). Galaxia, 76 páxs., poemas, infantil. Acompaña un CD con catorce cancións na voz de Ángeles Ruibal, arranxos e produción de Néstor Blanco. ISBN 978-84-9151-455-8.
O xenio da Cidade do Sal (2021). Xerais. 176 páxs. Ilustracións de Xosé Cobas. ISBN 978-84-1110-002-1. ePub: ISBN 978-84-1110-028-1. O libro contén un CD, coordinado e interpretado polo frautista Luis Soto, con cuartetos de Mozart para frauta e trío de cordas que dialogan coas músicas tradicionais galegas.[106]