Fábula
xénero literario / From Wikipedia, the free encyclopedia
A fábula[1] é unha composición literaria breve, de ficción,[2] na que os personaxes son animais ou cousas que case sempre presentan características humanas como o falar. Estas historias conclúen cun ensino ou sentenza de carácter instrutivo, que adoita figurar ao final do texto. A fábula é pois unha narración inventada de feitos marabillosos que teñen unha conclusión moral.
O carácter didáctico das fábulas xa o utilizaron na antigüidade os gregos e os romanos. Entre os autores gregos que máis destacan atópase Esopo. Fedro, escritor en lingua latina, seguiu a tradición faulística iniciada por Esopo. Na época medieval, destacan os contos didácticos relixiosos, e na idade moderna a literatura da Ilustración, tamén con fins educativos. A idade contemporánea deu grandes fabulistas, como George Orwell e a súa A revolta dos animais.