Grúidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os grúidos[1] (Gruidae) son unha familia de grandes aves de longas patas e pescozos da orde Gruiformes, que se chaman comunmente grúas[2] ou grous (grous son propiamente os machos[3]). Hai quince especies de grúas clasificadas en catro xéneros. A diferenza de aves de aspecto similar pero non relacionadas como as garzas, as grúas voan cos pescozos estirados en vez de dobrados cara a atrás. As grúas viven en todos os continentes agás na Antártida e Suramérica. Visitan Galicia ocasionalmente as especies Grus grus (grúa cincenta ou, simplemente, grúa ou grou) e Anthropoides virgo (grou pequeno), polo que figuran na Lista de aves de Galicia.
Gruidae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Grus antigone antigone | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
|
Aliméntanse de forma oportunista e cambian a súa dieta segundo a estación e as súas propias necesidades de nutrientes. Comen diversos alimentos de tamaño axeitado desde roedores, peixes, anfibios e insectos ata cereais, bagas e plantas.
As grúas constrúen niños de tipo plataforma en augas pouco profundas e normalmente poñen dous ovos por posta. O macho e a femia axudan na crianza dos fillos, os cales permanecen con eles ata a seguinte estación de apareamento.[4]
Algunhas especies e poboacións de grúas migran a longas distancias; outras non migran en absoluto. As grúas son solitarias durante a estación reprodutora, cando se xuntan en parellas, pero durante o resto do ano son gregarias, formando grandes bandadas alí onde son abundantes.
A maioría das especies de grúas foron afectadas polas actividades humanas e están clasificadas polo menos como ameazadas, se non en crítico perigo.