Isaac Díaz Pardo
artista e intelectual galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012[1][2], foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.[3] Como escritor deixou ensaios sobre arte, economía, historia, ademais de poesía e teatro.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1920 Santiago de Compostela, España |
Morte | 5 de xaneiro de 2012 (91 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | deseñador , pintor , empresario |
Período de actividade | 1900 - 1999 |
Membro de | |
Xénero artístico | Ensaio e teatro |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Carmen Arias |
Fillos | Xosé Díaz Arias de Castro |
Pai | Camilo Díaz Baliño |
Premios | |
Pechar
Usou os pseudónimos Cego Zago, Ollarnovo, S.F. Ollarnovo, Xoán Mazaricos, Santiago Fernández, Xalo.[4]