Kari-gurashi no Arietti
filme de 2010 dirixido por Hiromasa Yonebayashi / From Wikipedia, the free encyclopedia
Kari-gurashi no Arietti (借りぐらしのアリエッティ?) é un filme xaponés de animación do ano 2010 dirixido por Hiromasa Yonebayashi, no seu debut como director, animado por Studio Ghibli para Nippon Television Network, Dentsu, Hakuhodo DY Media Partners, Walt Disney Japan, Mitsubishi, Toho e Wild Bunch, e distribuído por Toho. A novela foi adaptada nun guión por Hayao Miyazaki e Keiko Niwa,[2] e está baseada en The Borrowers de Mary Norton, que conta a historia dunha familia de xente pequerrecha que vive dentro dos muros e baixo o chan dunha casa e que toman prestadas cousas dos humanos para sobrevivir. O filme está protagonizado por Mirai Shida, Ryunosuke Kamiki, Shinobu Otake, Keiko Takeshita, Tatsuya Fujiwara, Tomokazu Miura e Kirin Kiki.
Datos rápidos Kari-gurashi no Arietti, Ficha técnica ...
Kari-gurashi no Arietti | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Hiromasa Yonebayashi |
Produtor | Toshio Suzuki |
Guión | Hayao Miyazaki Keiko Niwa |
Baseado en | The Borrowers de Mary Norton |
Intérpretes | Mirai Shida Ryunosuke Kamiki Shinobu Otake Keiko Takeshita Tatsuya Fujiwara Tomokazu Miura Kirin Kiki |
Música | Cécile Corbel |
Fotografía | Atsushi Okui |
Montaxe | Keiko Kadokawa Rie Matsubara Hiromi Sasaki Takeshi Seyama |
Estudio | Studio Ghibli |
Distribuidora | Toho |
Estrea | 17 de xullo de 2010 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Orzamento | 23 millóns de dólares |
Recadación | 146 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.karigurashi.jp | |
Pechar
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |