Lago Urmia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O lago Urmia (en persa: دریاچه ارومیه; en azarí: Urmiya gölü; en kurdo: Gola Urmiyê, en armenio: Ուրմիա լիճ, Урмия лич или Կապուտան - Капутан, ou lago Azul) é un lago salgado endorreico de Irán,[1][2] situado entre as provincias de Acerbaixán Occidental e Acerbaixán Oriental. Na súa máxima extensión, era o lago máis grande do próximo oriente e o sexto lago salgado máis extenso da Terra, cunha superficie de aproximadamente 5200 km², unha lonxitude de 140 km e un largo de 55 km.[3]
Datos rápidos
Lago Urmia | |
---|---|
Vista dende o espazo do lago (2016) | |
País | Irán |
Lonxitude | 605 km |
Cota | 1280 m msnm |
Profundidade | 16 m m |
Prof. media | 5 m m |
Tipo | Lago hipersalino |
Illas | 102 |
Referencia | * Os valores do perímetro, área e volume poden ser imprecisos debido as estimacións desenvolvidas, podendo non estar normalizadas. |
Pechar
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A finais de 2017, o lago reducírase ao 10 % da súa superficie anterior debido á persistente seca en Irán, pero tamén ás represas dos ríos locais que chegan ao lago e ao bombeo das augas subterráneas nas áreas circundantes.[4]