Lago Vitoria
lago en África oriental / From Wikipedia, the free encyclopedia
O lago Vitoria (Nam Lolwe en luo; "Nalubaale" en Luganda e Nyanza en ruanda e bantú[3]) é un dos Grandes lagos africanos, localizado nun planalto elevado na parte occidental do Gran Val do Rift, na África oriental. O nome foille dado en honor da raíña Vitoria polo explorador John Hanning Speke, o primeiro británico en documentar a súa existencia en 1858, no transcurso dunha expedición con Richard Francis Burton para localizar as Fontes do Nilo.[4][5]
Lago Vitoria | |
---|---|
Lago Vitoria, visto desde o espazo. | |
País | Tanzania, Uganda e Kenya |
Rexión | Gran Val do Rift |
Localización | África oriental |
Coordenadas | 01°20′S 33°16′L |
Superficie | 68.800 km2 |
Capacidade | 2 750 000 hm³ |
Lonxitude | 337 km[1] |
Ancho | 240 km |
Conca fluvial | Río Nilo |
Cota | 1.134 [2] msnm |
Costa | 3.440 km |
Profundidade | 83 m |
Prof. media | 40 m |
Tipo | Lago de auga doce |
Afluentes | Ríos Kagera (621 km), Mara (395 km), Nzoia (334 km), Katonga (220 km), Yala, Sondu-Miriu (220 km) |
Illas | Sese, Rusinga, Mfangano, Ukerewe e Rubondo (máis de 3.000) |
Cidades | Kisumu, Kendu Bay e Homa Bay (KEN) Bukoba, Mwanza e Musoma (TAN) Kampala, Jinja e Entebbe (UGA) |
En termos de superficie, con 68.870 km² (aproximadamente o mesmo que a Irlanda), é o maior lago do continente africano, o maior lago tropical no mundo e o segundo maior lago de auga doce do mundo, só superado pola superficie do lago Superior de América do Norte. En termos de volume, é o sétimo maior lago de auga doce do mundo con 2.750 km³ de auga. É unha das nacentes do río Nilo, o Nilo Branco.
O lago Vitoria recibe principalmente as súas augas das precipitacións e de milleiros de pequenos regatos. O maior curso de auga que verte no lago é o río Kagera, cuxo delta está na costa oeste do lago; e só é drenado polo río Nilo preto de Jinja, na costa setentrional.[6]
O lago Vitoria ocupa unha depresión pouco profunda cunha profundidade máxima de 84 m é unha profundidade media de 40 m.[7]
A súa bacía ten unha extensión de 184.000 km². A súa liña de costa ten 4.828 km, dos que o 3,7% son dalgunha das 3.000 illas que contén.[8] Moitas destas illas están habitadas, destacando as Illas Ssese, en Uganda, un grupo grande de illas no noroeste do lago que son un destino popular para turistas.
O lago está dividido entre tres países: un 6% corresponde a Kenya, Uganda administra un 45% e o 49% restante pertence a Tanzania.[9]