Laura Pausini
cantante italiana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Laura Pausini OMRI, nada en Faenza o 16 de maio de 1974, é unha cantante italiana. Adquiriu notoriedade a partir de 1993 coa súa participación no Festival de Sanremo.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
É unha das estrelas italianas máis coñecidas a nivel internacional. O 8 de febreiro de 2006 asignóuselle o Premio Grammy, recoñecemento musical internacional considerado equivalente ó Premio Oscar cinematográfico, polo mellor álbum de pop latino do ano. O 8 de novembro de 2007 gañou o Grammy Latino ó mellor álbum feminino por Io canto.[1] Laura Pausini vendeu, en 23 anos de carreira, preto de 70 millóns de discos en todo o mundo.