From Wikipedia, the free encyclopedia
O siciliano[3] é unha lingua romance propia da illa de Sicilia, no sur da Italia. Algúns dos seus dialectos tamén se falan na Península Itálica, principalmente no centro-sur de Calabria (calabrés) e na Puglia meridional, na rexión chamada Salento (salentino). Tamén se pode escoitar, con moita menos frecuencia, na zona de Cilento, na rexión de Campania.
Siciliano Sicilianu | ||
---|---|---|
Falado en: | Italia | |
Rexións: | Sicilia, centro e sur de Calabria e no sur de Puglia. | |
Total de falantes: | 4 700 000 (2002)[1] | |
Posición: | Non está entre as 100 primeiras | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Románica oriental Italo-románica Siciliano | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | scn | |
ISO 639-3: | scn
| |
SIL: | scn
| |
Mapa | ||
Status | ||
Descende do latín vulgar, con influencias do grego, do árabe, francés, occitano, catalán e do español.
O uso do siciliano como lingua falada é usual en familia ou entre amigos; mais é menos común o seu emprego en ocasións oficiais e na forma escrita.
Algúns dos persoeiros da literatura en lingua siciliana son: Giovanni Meli, Nino Martoglio, Domenico Tempio, Alessio Di Giovanni, Ignazio Buttitta e Andrea Camilleri.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.