Lista dos reis visigodos
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lista de reis visigodos esténdese dende os tempos das migracións ata o final da monarquía visigoda en 711. Inclúe, polo tanto, o establecemento dun primeiro reino en Tolosa e logo o seu sucesor, o reino de Toledo, con capital na cidade homónima. Aínda que a liña monárquica comeza correctamente con Alarico I, os visigodos recoñeceron a Atanarico como o seu primeiro monarca,[1] malia non ter nunca esa denominación senón a de xuíz dos godos tervingos,[2] polo pero que tamén aparece nesta lista.[3]