Majo no takkyūbin
filme de 1989 dirixido por Hayao Miyazaki / From Wikipedia, the free encyclopedia
Majo no takkyūbin (魔女の宅急便?) é un filme xaponés de 1989 de animación e fantasía[2] escrito, producido e dirixido por Hayao Miyazaki como unha adaptación da novela homónima de Eiko Kadono. Foi animado por Studio Ghibli para Tokuma Shoten, Yamato Transport e Nippon Television Network e foi distribuído por Toei Company. O filme conta a historia dunha rapaza bruxa, Kiki, quen se muda a unha nova cidade e usa a súa habilidade para voar para gañarse a vida. Nesta obra Miyazaki mostra o comezo do camiño á idade adulta do personaxe, coa responsabilidade que iso comporta.[3]
Majo no takkyūbin | |
---|---|
![]() Logo título do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 魔女の宅急便 |
Director | Hayao Miyazaki |
Produtor | Hayao Miyazaki |
Guión | Hayao Miyazaki |
Baseado en | A novela de Eiko Kadono: O servizo de correos da bruxa. |
Intérpretes | Minami Takayama Rei Sakuma Kappei Yamaguchi |
Música | Joe Hisaishi |
Fotografía | Shigeo Sugimura |
Montaxe | Takeshi Seyama |
Estudio | Studio Ghibli |
Distribuidora | Toei Company |
Estrea | ![]() |
Duración | 103 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación, infantil |
Orzamento | 800 000 000 ¥ (estimado)[1] |
Recadación | 4 300 000 000 ¥ (Xapón)[1] |
Na rede | |
http://movies.disney.com/kikis-delivery-service | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Majo no takkyūbin estreouse no Xapón o 29 de xullo de 1989,[4] e gañou o Gran Premio de Anime Animage.[5] Foi o primeiro filme en estrearse na distribución a menores de 15 anos coa colaboración de The Walt Disney Company e Studio Ghibli.[6]