Malala Yousafzai
estudante, activista e blogueira paquistaní / From Wikipedia, the free encyclopedia
Malala Yousafzai (en paxto: ملاله یوسفزۍ,[1] e en urdú: ملالہ یوسف زئی Malālah Yūsafzay), nada o 12 de xullo de 1997,[2] é unha activista a prol da educación feminina en Paquistán, e a persoa máis nova en recibir un Premio Nobel en calquera categoría.[3] É coñecida pola súa defensa dos dereitos humanos, en especial o dereito á educación e os dereitos das mulleres no Val de Swat, no noroeste de Paquistán, onde os talibáns prohibiran ás mulleres asistir ó colexio. A loita de Yousafzai converteuse dende entón nun movemento internacional.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pechar
Este artigo amosa escritos paxtos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras urdús. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |