Mamma Mia! (filme)
Filme de 2008 dirixido por Phyllida Lloyd / From Wikipedia, the free encyclopedia
Mamma Mia! é un filme musical británico-estadounidense-sueco adaptado do musical de Broadway Mamma Mia!, que se basea nas cancións do exitoso grupo pop ABBA, con música adicional composta polo membro de ABBA Benny Andersson. O filme foi dirixido por Phyllida Lloyd e distribuído por Universal Pictures en colaboración con Playtone and Littlestar de Tom Hanks e Rita Wilson. Meryl Streep interpreta o papel da nai solteira Donna Sheridan. Pierce Brosnan (Sam Carmichael), Colin Firth (Harry Bright) e Stellan Skarsgård (Bill Anderson) interpretan ós tres posibles pais da filla de Donna, Sophie (Amanda Seyfried). Mamma Mia! recibiu críticas dispares e tivo unha recadación de $609,8 millóns[1] sobre un orzamento de $52 millóns.
Datos rápidos Mamma Mia!, Ficha técnica ...
Mamma Mia! | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mamma Mia! |
Director | Phyllida Lloyd |
Produtor | Judy Craymer Gary Goetzman Tom Hanks |
Guión | Catherine Johnson |
Baseado en | Mamma Mia! de Catherine Johnson |
Intérpretes | Meryl Streep Pierce Brosnan Colin Firth Stellan Skarsgård Julie Walters Dominic Cooper Amanda Seyfried Christine Baranski |
Música | Benny Andersson Björn Ulvaeus |
Fotografía | Haris Zambarloukos |
Montaxe | Lesley Walker |
Estudio | Littlestar Productions Playtone Internationale Filmproduktion Richter |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 30 de xuño de 2008 |
Duración | 109 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido Suecia |
Xénero | Musical |
Orzamento | $52 000 000 |
Recadación | $609 800 000[1] |
Filme seguinte | Mamma Mia! Here We Go Again |
Na rede | |
http://www.mammamiamovie.com/ | |
Pechar