empresario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Jove Capellán, nado o 21 de xuño de 1941 na Coruña e finado na mesma cidade o 7 de maio de 2020, foi un empresario galego.
Nome orixinal | (es) Manuel Jove Capellán |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de xuño de 1941 A Coruña, España |
Morte | 7 de maio de 2020 (78 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | doenza |
Datos persoais | |
Residencia | A Coruña |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Empresario |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Amparo Santos Molinos |
Fillos | Felipa Jove |
Premios
|
Comezou traballando como carpinteiro co pai, e cos beneficios do negocio creou na década dos setenta a empresa inmobiliaria Edificaciones Coruñesas (Edicosa) que, xa en 1980 mudou o seu nome polo de Fadesa. Con capital privado, e na súa maioría procedente do propio Jove, a firma chegou a ser o primeiro grupo inmobiliario independente de España, con expansións en Portugal e Marrocos, cunha forma de traballo que integraba todo o proceso, dende a selección dos predios, ata a construción e venda das vivendas, pasando polas investigacións do mercado e o deseño dos proxectos. Os beneficios da empresa foron grandes, e o 30 de abril de 2004 saía a bolsa.
Como presidente executivo de Fadesa, ocupou os cargos de presidente da Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña e foi membro do comité executivo da Asociación Nacional de Promotores de España.
En setembro de 2006 vendeulle o 54% das accións de Fadesa á construtora Martinsa, do empresario español Fernando Martín, por un valor total de 2.209 millóns de euros. Posteriormente, vendeu as súas participacións que mantiña en Unión Fenosa á construtora ACS (un 4,5% do capital da eléctrica) por 550,75 millóns de euros. En xuño de 2007 mercou o 40% da empresa téxtil Caramelo, por un valor 15,8 millóns de euros, e en xullo de 2007 mercou o 5% do BBVA por un valor aproximado de 3.285 millóns de euros (e un 0,2% máis en setembro dese ano[1]), converténdose no primeiro accionista privado do banco, así como o 40% da empresa explotadora de petróleo Vetra Energía con presenza en Iberoamérica por 37 millóns de euros. Tamén posuía o 55% das adegas Álvaro Domecq a través do grupo de investimento Interavante[2] así como o 47,5% da empresa galega de tecnoloxía Blusens.[3] Foi un dos socios promotores e fundadores do centro comerial Marineda City do que tiña un 33,3%.
A revista Forbes calculoulle unha riqueza de 2.300 millóns de euros en 2008, e incluíuno como a 307ª persoa máis rica do mundo.[4]
En marzo de 2002 constituíu a Fundación María José Jove, en memoria da súa filla falecida ese ano e que impulsa distintas liñas de actividade a prol da infancia. Está presidida pola súa outra filla Felipa Jove.[5]
Estivo casado con Amparo Santos Molinos, e tivo dúas fillas e un fillo.[6]
Foi irmán do tamén empresario Ángel Jove.
Foi galardoado pola súa traxectoria profesional e empresarial co Premio ao Mellor Empresario Nacional Inmobiliario no ano 2001, e coa Medalla Castelao no 2005.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.