Martin Knudsen
físico danés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Martin Hans Christian Knudsen, nado en Hasmark o 15 de febreiro de 1871 e finado o 27 de maio de 1949 en Copenhaguen,[1] foi un físico danés que traballou na Universidade Técnica de Dinamarca, coñecido principalmente polo seu estudo do fluxo molecular dos gases e o desenvolvemento da célula Knudsen, un compoñente principal dos sistemas de epitaxia de raio molecular.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1871 Hasmark Strand, Dinamarca (en) |
Morte | 27 de maio de 1949 (78 anos) Copenhague, Dinamarca |
Reitor Universidade de Copenhague | |
1927 – 1928 ← Holger Pedersen – Johannes Hjelmslev (pt) → | |
Datos persoais | |
Residencia | Dinamarca |
País de nacionalidade | Dinamarca |
Educación | Universidade Técnica da Dinamarca (pt) |
Actividade | |
Ocupación | físico , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Copenhague |
Membro de | |
Lingua | Lingua dinamarquesa |
Participou en | |
1921 | 3rd Solvay Conference on Physics (en) |
1911 | 1st Solvay Conference on Physics (en) |
Premios
| |
Knudsen é coñecido tamén polo seu traballo na teoría cinético-molecular e os fenómenos a baixa presión nos gases. O seu nome asóciase co fluxo de Knudsen, a difusión de Knudsen, o número de Knudsen, a capa de Knudsen e os gases de Knudsen, ademais da ecuación de Knudsen. Publicou o libro The Kinetic Theory of Gases (Londres, 1934), contendo os resultados principais das súas investigacións. Knudsen estivo tamén activo na oceanografía física, desenvolvendo métodos para a definición das propiedades da auga do mar.