Michael Gambon
actor irlandés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sir Michael John Gambon, OBE, nado en Dublín, Irlanda, o 19 de outubro de 1940 e finado en Witham o 27 de setembro de 2023, foi un actor británico de orixe irlandesa[1] que traballou no teatro, televisión e no cine. É un actor moi respectado e prolífico no teatro, pero é recoñecido internacionalmente polo seu papel como Philip Marlow da serie de televisión da BBC, The Singing Detective e por encarnar a Albus Dumbledore nos filmes de Harry Potter, en substitución do xa falecido actor Richard Harris.
Gañador de catro premios BAFTA e tres premios Laurence Olivier e nomeado tamén ós Globos de Ouro, ós Emmy e ós Premios Tony. A súa carreira abrangue case 5 décadas e inclúe unha gran variedade de papeis de teatro, televisión e cine.
En 1998, a raíña Sabela II nomeouno coa Orde do Imperio Británico. En 2020, apareceu no posto 28 da lista de mellores actores irlandeses segundo The Irish Times.[2]