Mille Miglia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Mille Miglia (Mil Millas) foi unha carreira de resistencia en estrada aberta que se disputou en Italia vinte e catro veces desde 1927 a 1957 (trece antes da guerra, once desde 1947).
Do mesmo xeito que a veterana Targa Florio e máis tarde a Carreira Panamericana, a MM foi a responsable do desenvolvemento da categoría de coches deportivos de Gran Turismo (Grand Touring) como os famosos Alfa Romeo, BMW, Ferrari, Maserati, Mercedes-Benz e Porsche. A carreira logrou cinco millóns de espectadores.[1]
Desde 1953 ata 1957, a Mille Miglia foi tamén unha proba do World Championship Sports Car.
Desde 1977, a "Mille Miglia" renaceu como unha carreira de regularidade de coches de época Clásicos. A participación está limitada aos coches, producidos como moi tarde en 1957, que asistiran (ou foran rexistrados) para a carreira inicial. A ruta (Brescia-Roma ida e volta) é similar á da carreira orixinal, mantendo o punto de saída/chegada no Viale Venezia en Brescia.