Monte Alto, A Coruña
barrio da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Monte Alto é un barrio da cidade da Coruña situado no sector peninsular desta cidade, inmediato ao centro desta e á Torre de Hércules. A delimitación do distrito, sen ser precisa, tende a ocupar a maior parte da península sobre a que se localiza unha parte da cidade, a excepción do centro histórico. Monte Alto abrangue pequenos sectores urbanos que por veces se consideran barrios individuais, ou ben barrios dentro doutro barrio, como As Lagoas, As Atochas, Zalaeta, Durmideiras ou A Torre.[3][4][5]
Monte Alto, A Coruña | |
---|---|
Praia do Matadoiro desde o Paseo Marítimo coa fachada sur do barrio ao fondo. | |
Concello | A Coruña |
Coordenadas | 43°22′43″N 8°24′09″O |
Poboación | 29 997[1] hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O topónimo Monte Alto refírese a un promontorio que se erixe fronte á Torre de Hércules, aínda que co tempo e por diferentes motivos socioculturais, este foi aceptado para se referir á totalidade do distrito municipal 15002. De acordo co estudo “A Cidade dos Barrios”, a poboación de Monte Alto (como suma de todos os sectores indicados anteriormente) era en 2015 de case trinta mil habitantes,[1] vivindo así neste barrio máis de 1 de cada 10 habitantes do concello coruñés[6].