Neotrobadorismo
vangarda poética que emprega recursos estilísticos e temáticas da lírica medieval galego-portuguesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
O neotrobadorismo é unha corrente poética xurdida ao redor de 1930[1] que vai agromando, en pleno contexto de eclosión das vangardas, nos anos seguintes á difusión en Galiza da lírica medieval galaico-portuguesa a través da edición comentada de José Joaquim Nunes (1928). A divulgación dun xénero arcaico, propio e de altísima calidade favoreceu que moitos autores novos se lanzasen a actualízar os temas e as formas das cantigas.
O termo foi empregado por vez primeira por Manuel Rodrigues Lapa nunha carta enviada a Fermín Bouza Brey o 20 de maio de 1933[2].
Nesta corrente que supón unha renovación formal do discurso poético galego -influída sobre todo pola cantiga de amigo- rexorde o asunto amoroso en paralelo ás técnicas (paralelismo, refrán, leixaprén...) e aos ambientes (paisaxes primaverais, fontes, mar, ríos...) dos cancioneiros.
Hai dous autores significativos do neotrobadorismo:
- Fermín Bouza-Brey: Nao senlleira (1933) e Seitura (1955)
- Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama Riveira (1933). Cunqueiro continuará publicando poesía neotrobadoresca nos anos de posguerra: Dona do corpo delgado (1950).