Nova Atlántida
libro de Francis Bacon / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nova Atlántida[1] (Nova Atlantis no orixinal en latín e The New Atlantis na tradución do propio Bacon ao inglés) é unha utopía renacentista de Francis Bacon, publicada en latín en 1624 e en inglés en 1627. Nesta obra inacabada relátase unha viaxe imaxinaria[2] que ten valor de metáfora, conduce ao descubrimento dunha illa do océano Pacífico, chamada Bensalem, na que un colexio se consagra á investigación do coñecemento e das súas aplicacións, é dicir, no que se instaura, con todo o respecto que lle é debido, un Instituto das Ciencias e das Técnicas. Nesta illa o coñecemento é considerado como o ben máis prezado. É por iso que na pasaxe máis coñecida da obra é na que se refiren aos investigadores coas palabras: "Estas son, fillo meu, as riquezas da Casa de Salomón". En Bensalem, o matrimonio e a familia son a base da sociedade. Para Bacon a filosofía teórica soamente ten interese se vai acompañada dunha filosofía práctica; polo que unha reforma do entendemento para el implica unha reforma da sociedade.
Nova Atlántida | |
---|---|
Segunda edición de New Atlantis de 1628. | |
Título orixinal | Nova Atlantis |
Autor/a | Francis Bacon |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Latín |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Nuova Antologia Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1624/1626 2016 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 76 |
ISBN | ISBN 978-84-944422-7-8 |
Tradución | Alfonso Blanco Quintela |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducido ó galego por Alfonso Blanco Quintela[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2016.[1]