historiadora, arquiveira, académica e escritora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Olga Gallego Domínguez, nada en Ourense o 8 de decembro de 1923 e finada na mesma cidade o 4 de setembro de 2010[1], foi unha historiadora galega. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e membro de número da Real Academia Galega.
Nome orixinal | (es) Olga Gallego Domínguez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de decembro de 1923 Ourense, España |
Morte | 4 de setembro de 2010 (86 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquivística |
Ocupación | arquiveira , escritora , profesora universitaria , historiadora |
Empregador | Arquivo Histórico Provincial (1969–1989) Biblioteca Pública Central de Vigo |
Membro de | Real Academia Galega (académica de número) (1986–2010) Real Academia Galega (membro correspondente) (1980–1986) Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos (1958–) |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Premios
| |
Trasladouse a Santiago de Compostela para licenciarse no ano 1955 en Filosofía e letras. Entre 1951 e 1954 ordenou e clasificou o Arquivo Diocesano de Ourense. Tras pertencer dende 1955 ó Corpo de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos, en 1958 ingresou por oposición no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, sendo destinada á Biblioteca Pública e ó Arquivo da Delegación de Facenda de Vigo. A súa actividade catalográfica e arquivística levouna a verificar, xa en Vigo, os catálogos da Fundación Penzol, o da biblioteca da Caixa de Aforros, os das bibliotecas da Escola de Comercio e do Instituto de Ensino Medio Santa Irene.
Dende 1968 foi directora do Arquivo Histórico Provincial e do Arquivo da Delegación de Facenda de Ourense. Dende 1972 foi Directora de sección do grupo de colaboradores Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico de Ourense. Foi membro do Padroado da Fundación Penzol e tamén do Padroado Ramón Otero Pedrayo. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia (1980) e ingresou na Real Academia Galega en novembro de 1986 cun discurso sobre As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no Antigo Réxime[2], respondido por Antonio Gil Merino. O discurso é unha achega á súa actividade investigadora, pois esta historiadora é un referente fundamental para o estudo da historia social, entre os séculos XIV e XIX, da provincia de Ourense.
En 2014 Pilar Gallego creou a Fundación Olga Gallego para promover a conservación e difusión do patrimonio arquivístico e documental, mediante actividades de investigación e formación[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.