Palacio Real de Caserta
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pazo real de Caserta (en italiano: Reggia di Caserta; en napolitano: Reggia 'e Caserta) é unha antiga residencia real en Caserta, sur de Italia, construída pola Casa de Borbón-Dúas Sicilias como a súa principal residencia como reis de Nápoles. É o palacio máis grande erixido en Europa durante o século XVIII.[1] En 1997, o palacio foi designado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o seu nomeamento describiuno como "o canto do cisne da espectacular arte do Barroco, a partir da cal adoptou todas as características necesarias para crear as ilusións do espazo multidireccional".[2] En termos de volume, o Palacio Real de Caserta é a residencia real máis grande do mundo[1][3] con máis de 1 millón de m³[4] e cunha superficie de 47.000 m².[5]
Datos rápidos acueduto de Vanvitelli e complexo arquitectónico de San Leucio, Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Palacio barroco de Caserta e xardíns, acueduto de Vanvitelli e complexo arquitectónico de San Leucio | |
---|---|
Vista da fachada norte dende a fonte de Venus e Adonis | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Italia |
Localización | Caserta, Italia |
Tipo | Cultural |
Criterios | i,II,III,IV |
Inscrición | 1997 (21ª sesió) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 549 |
Pechar