Parque Nacional de Manas
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque Nacional de Manas (assamés: মানস ৰাষ্ট্ৰীয় উদ্যান, Manôx Rastriyô Udyan) é un parque nacional da India inscrito no Patrimonio da Humanidade da UNESCO, e que ten a consideración de reserva da biosfera e forma parte da reserva de Manas do Proxecto Tigre que conta cunha superficie total de 2837 km²[1]. Localizado en Assam, ao pé do Himalaia e contiguo ao Parque Real Nacional de Manas[2] de Bután. O parque coñécese pola súa fauna endémica e en risco de extinción, como é o caso da tartaruga Pangshura sylhetensis, do lepórido Caprolagus hispidus, do langur dourado e do súido Sus salvanius. Tamén é famoso pola súa poboación de búfalos acuáticos.[3]
Datos rápidos Santuario de fauna de Manas, Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Santuario de fauna de Manas | |
---|---|
Unha das entradas ao Parque Nacional de Manas | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | India |
Localización | 26°43′00″N 90°56′00″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | VII, IX, X |
Inscrición | 1985 (9ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia e o Pacífico |
Identificador | 338 |
Pechar