From Wikipedia, the free encyclopedia
Patrick Daniel Tambay[1], nado en París o 25 de xuño de 1949 e finado o 4 de decembro de 2022,[2] foi un piloto de carreiras francés. Competiu en 123 Grandes premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, gañando dúas veces, logrando 5 poles e anotando un total de 103 puntos no Campionato. En 2006, competiu na tempada inaugural da fórmula GP Masters para pilotos retirados da Fórmula Un, e continuou na serie en 2007.
(1983) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Daniel Patrick Tambay 25 de xuño de 1949 XIV Distrito de París (Francia) |
Morte | 4 de decembro de 2022 (73 anos) Niza (Francia) |
Causa da morte | párkinson |
Member of the departmental council of Alpes-Maritimes (en) | |
2 de abril de 2015 – 4 de decembro de 2022 Lexislatura: 2015-2021 term (departments of France) (en) Circunscrición electoral: canton of Le Cannet (en) | |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, político, xornalista, piloto de Fórmula Un |
Partido político | Unión por un Movemento Popular |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
Ao principio da súa carreira, Tambay formou parte do equipo de Fórmula 5000 dirixido por Carl Haas.[3]
En 1977, gañou o campionato Can Am con Haas,[4] Tambay debutou na Fórmula Un con Surtees, pilotando nunha soa carreira no Gran Premio de Francia de 1977 antes de correr o resto da tempada con Theodore. O equipo, en colaboración con Ensign, corría co seu chasis N177. Os resultados foron frutíferos e McLaren fichouno para as tempadas 1978 e 1979. En 1980, regresou a Can Am co equipo Lola dirixido por Carl Haas,[4] gañando o seu segundo campionato Can-Am.
En 1981 regresou á F1, primeiro pilotando para o equipo Theodore para terminar a tempada con Ligier. En 1982, ofrecéronlle un lugar na Scuderia Ferrari logo da morte de Gilles Villeneuve. Gañou o seu primeiro Gran Premio no Gran Premio de Alemaña logo da grave lesión de Didier Pironi na práctica. O GP de Alemaña era a súa cuarta carreira co equipo de Maranello. Gañou o seu segundo e último Gran Premio en 1983 en Imola, nunha vitoria moi emotiva fronte aos fieis tifosis italianos, pilotando o Ferrari 27 (o número do coche de Villeneuve) logrou á vitoria logo de que Riccardo Patrese estrelara o seu Brabham a só 6 voltas do final. Foi substituído polo equipo en 1984 en favor do italiano Michele Alboreto. Tambay marchou a Renault, ficando alí ata 1985. Coa disolución do equipo francés, que retornaría en 2002, Tambay fichou polo equipo Haas Lola en 1986.
En 1987, Tambay fundou a súa propia compañía de promoción do deporte en Suíza, deixouna en 1989 para volver á competición. En 1989, pilotou un Jaguar no Campionato Mundial de Resistencia e terminou cuarto nas 24 Horas de Le Mans. A continuación, déuselle polos rallyes no deserto, terminando dúas veces entre os tres primeiros no Rally Dakar. Ademais, tamén participou en carreiras sobre xeo e na carreira de jet sky Tour de Corse.
Tambay participou activa pero brevemente co equipo Larrousse, en 1994 en asociación co seu amigo e socio nos negocios Michael Golay. Pero ao final da tempada de 1994, a empresa Fast Group SA propiedade de Tambay e Golay terminou a súa participación co equipo.
Desde que se retirou da competición, Tambay traballou como comentarista para a televisión francesa. Tamén foi concelleiro en Le Cannet, un suburbio de Cannes.
El foi o padriño do Campión do Mundo de 1977 Jacques Villeneuve. O seu fillo Adrien actualmente[cando?] está competindo no campionato DTM.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.