From Wikipedia, the free encyclopedia
Un período xeolóxico ou simplemente período é unha división dunha era xeolóxica na escala de tempo xeolóxico.
É o equivalente temporal do "sistema" utilizado en estratigrafía para definir os estratos e os fósiles. Os sistemas son quizais máis correntemente utilizados polos paleontólogos e xeólogos (así, as rochas do sistema devoniano son de feito as rochas do período devoniano), pero o concepto de período de tempo é fácil de asimilar polo gran público.
Unha subdivisión dos períodos é a época. En 2004, a Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS) recoñeceu o ediacárico como período do Noeoproterozoico, a última incorporación a un período na escala de tempo xeolóxico en case 130 anos.[1][2][3][4]
O organismo para a estandardización da escala dos tempos xeolóxicos é a Comisión Internacional sobre Estratigrafía, que opera no seo da Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS) para establecer unha escala normnalizada e posta ao día dos descubrimentos dos científicos do munde enteiro. A táboa de aquí debaixo mostra os períodos oficialmente definidos pola IUGS até finais de 2004.
Eón | Era | Período | Comezo en millós de anos |
---|---|---|---|
Fanerozoico | Cenozoico | Neóxeno | 23,0 |
Paleóxeno | 65,5 | ||
Mesozoico | Cretáceo | 145,5 | |
Xurásico | 200 | ||
Triásico | 251 | ||
Paleozoico | Permiano | 300 | |
Carbonífero | 359 | ||
Devoniano | 416 | ||
Silúrico | 444 | ||
Ordovícico | 488 | ||
Cámbrico | 542 | ||
Proterozoico | Neoproterozoico | Ediacárico | 630 |
Outros périodos, dividindo as eras do Paleoproterozoico, Mesoproterozoico e Neoproterozoico (é dicir, as tres eras do eón Proterozoico), tamén son comunmente distinguidas e ensinadas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.