Pirri
futbolista español / From Wikipedia, the free encyclopedia
José Martínez Sánchez, máis coñecido como Pirri, nado en Ceuta o 11 de marzo de 1945, é un exfutbolista español, histórico xogador do Real Madrid.[1] Destacado centrocampista que xogaba tamén como líbero, desenvolveu case toda a súa carreira no equipo madrileño, no que militou durante 16 tempadas, sendo o décimo futbolista con máis partidos (561) e o noveno con máis goles (172) da historia do club.[1] Gañou a Copa de Europa na tempada 1965/66 e un total de 10 ligas, cifra só superada por Paco Gento.
Pirri | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Martínez Sánchez | ||
Nacemento | 11 de marzo de 1945 | ||
Lugar de nacemento | Ceuta | ||
Altura | 174 centímetros | ||
Posición | centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Ceuta | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1963–1964 | Granada | 21 | (12) |
1964–1980 | Real Madrid | 417 | (123) |
1980–1982 | Puebla | 55 | (18) |
1982 | Oaxtepec | ||
Total | 493 | (153) | |
Selección nacional | |||
1963 | España xuvenil | 1 | (0) |
1964 | España amateur | 4 | (2) |
1966–1978 | España | 41 | (16) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Foi internacional coa selección española en 41 ocasións, marcando 16 goles, e participou con ela en dous Mundiais (1966 e 1978).
Doutorado en medicina, formou parte do persoal médico do Real Madrid nos anos 80 e 90,[2] pasando a ser posteriormente secretario técnico e brevemente director deportivo.